Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2006/0578-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada na Sección de Sancións do Servizo de Relacións Laborais en Vigo a sentenza recaída no procedemento abreviado número 136/2011, ditada pola Audiencia Provincial, Sección nº 4 de Pontevedra, polo accidente laboral do traballador Manuel Antonio Barbosa de Barros.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificantes da notificación (6.11.2006 e 30.10.2006).

– Escrito de alegacións de Construções Foz do Minho Unipessoal (12.2.2007).

– Informe da Inspección corrixindo un erro.

– Sentenza ditada pola Audiencia Provincial, Sección número 4 de Pontevedra.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2006/0578-4.

Acta número: 1275/2006.

Empresa: Construções Foz do Minho Unipessoal, Lda.

NIF/DNI: 507228669.

Enderezo: avda. de García Barbón, 108, 1º B, Vigo.

Vigo, 12 de setembro de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo