Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Federación Empresarial Gallega de Talleres de Reparación de Vehículos (Fegat).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, fáise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da asemblea xeral extraordinaria da Federación Empresarial Gallega de Talleres de Reparación de Vehículos (Fegat) onde se reflicte o acordo acadado o 12 de decembro de 2011 e que consiste na modificación do artigo 4 dos estatutos da dita federación.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais