Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se anuncia a contratación do servizo consistente nos traballos de análise, deseño e desenvolvemento que permitan a evolución dos contornos actuais da intranet da Consellería de Facenda, polo procedemento aberto e con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: CIXTEC.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente nos traballos de análise, deseño e desenvolvemento que permitan a evolución dos contornos actuais da intranet da Consellería de Facenda.

c) Lugar de execución:

1) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo de execución: 12 meses, desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212220-7.

g) Nº de expediente:12-001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: importe: 92.142,40 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 92.142,40 euros. Importe total: 111.492,30 euros.

Anualidade 2012: 9.291,02 euros, IVE incluído.

Anualidade 2013: 102.201,28 euros, IVE incluído.

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

2) Ofertas presentadas a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 23.59 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do CIXTEC.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

2) Documentación presentada a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: http://www.xunta.es ou directamente no enderezo: http://www.conselleriadefacenda.es/silex

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición:

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: o quinto (5) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– Data: o décimo primeiro (11) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

– Hora: 10.00 horas.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade: os gastos dos anuncios correrán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable