Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de setembro de 2012 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico de Portonovo para a modificación da concesión para a explotación das instalacións náutico-recreativas do porto de Portonovo (expediente 13-10-04-C-2).

O día 2.8.2004 outorgouse unha concesión administrativa de explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Portonovo ao Club Náutico de Portonovo, concesión que foi revisada o día 17.11.2011.

O día 11.9.2012, o Club Náutico de Portonovo solicitou a modificación da concesión con base na Memoria de mellora de instalacións do porto deportivo de Portonovo: ampliación da concesión.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia