Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de setembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente IU2/63/2012.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 27 de agosto de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Pezos, Buezas, parroquia de Nantes, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros de Aristina Crespo Montes, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística