Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de construción de corte para xovencas, parideiras e almacén de forraxes en explotación de vacún leiteiro en Mer (Proendos).

Tomás e Juan de Mer, S.C. solicitou licenza municipal para proxecto de construción de corte para xovencas, parideira se almacén de forraxes en explotación de vacún leiteiro, situado no lugar de Mer, parroquia de Proendos, deste termo municipal. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Sober, 11 de setembro de 2012

Luis Fernández Guitián
Alcalde