Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do polígono P6 de Trabanca Badiña para regular os usos admisibles.

O Pleno da Corporación municipal, en sesión que tivo lugar o 29 de decembro de 2011, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial que desenvolve o polígono P6 de Trabanca Badiña para regular os usos admisibles, redactado polo equipo técnico da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade co establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (modificada pola Lei 15/2004, Lei 6/2008, Lei 18/2008, Lei 2/2010 e Lei 15/2010), o acordo de aprobación definitiva publícase no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Así mesmo, o 25 de abril de 2012 remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada do expediente administrativo de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que a integran.

Vilagarcía de Arousa, 29 de agosto de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde