Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38266

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre a contratación de obras para o proxecto da praza de abastos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Estrada.

2. Obxecto do contrato.

a) Obxecto: obras de proxecto da praza de abastos.

b) Lugares de execución: termo municipal da Estrada.

c) Duración: 12 meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de execución por contrata.

O valor estimado do contrato, de conformidade co previsto no artigo 88 do TRLCSP, e que non inclúe o IVE, é de 1.115.454,89 euros.

O tipo de licitación, que si inclúe o IVE, é de 1.349.700,42 euros (1.115.454,89, máis o 21 % de IVE, que son 234.245,53 euros).

Este contrato tramitarase como compromiso de gasto de carácter plurianual, que se desenvolverá nos exercicios 2012 e 2013. No presente ano executarase a cantidade de 654.700,42 €, e no ano 2013, 695.000 €. Tal e como exixe a normativa de aplicación, a autorización e o compromiso deste gasto subordinarase ao crédito que para cada exercicio se consigne nos respectivos orzamentos municipais.

Non hai revisión de prezos.

5. Criterios de adxudicación.

– Prezo.

– Variantes (mellora nos materiais que se van empregar).

– Memoria construtiva e programa de traballo.

–Ampliación do prazo de garantía.

– Memoria de seguridade e saúde.

– Diminución do prazo de execución.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información, e lugar de presentación de documentación.

a) Entidade: Rexistro Xeral do Concello da Estrada.

b) Enderezo: praza da Constitución, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Estrada. CP 36680.

d) Teléfono: 986 57 01 65, extensión 4320.

e) Fax: 986 57 02 33.

Tanto os pregos de cláusulas administrativas particulares como o proxecto están á disposición dos interesados no perfil do contratante da páxina web do Concello da Estrada (www.aestrada.com).

A información relativa aos pregos de cláusulas administrativas particulares poderá obterse na Secretaría do Concello.

Información relativa ao proxecto poderá obterse no Departamento de Urbanismo do Concello.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación grupo C (completo), categoría e).

9. Presentación das ofertas.

– Data límite: ata o 26 día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no último dos medios onde é obxecto de publicación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e perfil do contratante. Caso de ser domingo ou festivo: ata o seguinte día hábil.

10. Apertura de ofertas.

O día e hora da apertura pública das ofertas será anunciado previamente polo Concello cunha antelación de cando menos 24 horas, mediante a publicación de anuncio no perfil do contratante.

11. Gastos do expediente.

Sen prexuízo doutros que lle poidan corresponder, serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación que puider xerar o procedemento.

A Estrada, 25 de setembro de 2012

José Carlos López Campos
Alcalde