Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38265

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de exposición pública sobre ampliación de cebadeiro de porcino en Ruza (O Sisto).

María Carmen Taboada Rey solicitou nesta alcaldía licenza municipal para ampliación de cebadeiro de porcino que se situará en Ruza-O Sisto. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Dozón, 12 de setembro de 2012

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde