Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO de exposición pública sobre ampliación de corte de vacún e fosa de xurro no Roxedoiro.

Mercedes Fernández Balboa solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a ampliación de corte de vacún e fosa de xurro que se situará no Roxedoiro-Láncara. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Láncara, 12 de setembro de 2012

Eladio Capón López
Alcalde