Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38180

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 25 de setembro de 2012 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 1 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria.

O día 12 de xuño de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 1 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria.

No artigo 19.1 das bases reguladoras da Orde do 1 de xuño de 2012 establécese que os beneficiarios deberán presentar a documentación xustificativa ata o 15 de novembro de 2012. Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, co fin de garantir a maior eficacia posible das referidas subvencións e dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase ata o día 15 de decembro, inclusive, o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención, ao abeiro da citada Orde do 1 de xuño de 2012 de soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria