Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38181

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal licenciado sanitario e de dous postos de persoal diplomado sanitario.

Convocada por Resolución do 9 de xullo de 2012 (DOG nº 153, do 10 de agosto) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal licenciado sanitario –xefatura de unidade de atención primaria de Soutomaior– e de dous postos de persoal diplomado sanitario de atención primaria –coordinador de enfermaría de atención primaria dos servizos de Bueu e Caldas de Reis–, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 3 da citada orde e no artigo 5.j) da Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de unidade de atención primaria e de dous postos de coordinador de servizo de atención primaria, anunciados por Resolución do 9 de xullo de 2012 (DOG nº 153, do 10 de agosto).

Segundo. Unha vez analizadas todas as solicitudes presentadas e valorada a idoneidade dos aspirantes, así como o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria, nomear nos postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 7 de setembro de 2012

José Manuel Álvarez González
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: xefe de unidade de atención primaria da Unidade de A.P. de Soutomaior.

Nome e apelidos: Manuel Vilela Fernández.

DNI: 32391572-M.

Posto de traballo: coordinador de enfermaría de atención primaria do Servizo de A.P. de Bueu.

Nome e apelidos: Luis Fernando Iglesias Paz.

DNI: 34602961-J.

Posto de traballo: coordinadora de enfermaría de atención primaria do Servizo de A.P. de Caldas de Reis.

Nome e apelidos: Rosa María Ferro Castaño.

DNI: 35438266-G.