Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para apertura de nave con uso de garaxe aparcadoiro.

Solicitando desta Alcaldía Alfonso Rico Verea, actuando en representación da empresa Autos Rico, S.L., licenza municipal para a apertura de nave con uso de garaxe aparcamento a situar en Vista Alegre-Boimil, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Boimorto, 24 de setembro de 2012

José Ignacio Portos Vázquez
Alcalde