Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación dun acordo marco que se realizará cun só empresario mediante procedemento aberto, para contratar a subministración de material funxible de oficina-tramitación en liña (expediente 4/12).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 22.10.2012.

d) Número de expediente: 4/12.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: material funxible de oficina-tramitación en liña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: relación de centros establecida en el anexo 1-a.

2) Localidade e xódigo postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 1 ano.

f) Admisión de prórroga: 1 ano.

g) CPV: 30000000-9 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Prezo: 100 puntos. De acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 609.503,35 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 609.503,35 € + 127.995,70 € de IVE a soportar.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 29.10.2012.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia de Servizos Centrais planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) A data e a hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

Vigo, 25 de setembro de 2012

P.D. (Resolución do 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo