Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

EDICTO de aprobación das bases reguladoras de proceso selectivo de persoal funcionario de carreira.

Por Resolución da alcaldía do 14 de setembro de 2012 aprobáronse as bases reguladoras do proceso selectivo de persoal funcionario de carreira para a cobertura dunha praza vacante da escala de administración xeral, subescala auxiliar, incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2010, e que foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 182, do 24 de setembro de 2012.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Brión, 24 de setembro de 2012

José Luis García García
Alcalde