Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38045

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 26 de setembro de 2012 pola que se modifica o artigo 17 do anexo I da Orde do 29 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil. Visión 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN515B).

Na Orde do 29 de maio de 2012 (DOG nº 110, do 11 de xuño) establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil. Visión 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN515B).

No artigo 17 do anexo I da dita orde establécese que, para cobrar a subvención concedida, os beneficiarios deberán presentar a documentación sinalada no precepto citado na data límite do 31 de outubro de 2012.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das ditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de facer viables os procesos de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o referido artigo.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificación do artigo 17 do anexo I da Orde da Consellería de Economía e Industria do 29 de maio de 2012 (DOG nº 110, do 11 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan Estratéxico do Téxtil. Visión 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN515B).

O artigo 17.1 da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 17. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria e ata o 20 de decembro de 2012, do orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:

(...)».

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria