Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38044

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 192/2012, do 20 de setembro, polo que se deixa sen efecto o Decreto 53/2007, do 8 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra de mellora da seguridade viaria na AC-415 A Coruña-Sabón (AC-552), treito travesía de Meicende e Pastoriza, p.q. 1+600 ao 5+100, de clave AC/06/016.06.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, desenvolve a súa competencia en materia de estradas de acordo co artigo 27.8 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Dado que as obras finalmente executadas conforme o proxecto modificado nº 1 do de construción da obra de mellora da seguridade viaria na AC-415 A Coruña-Sabón (AC-552), treito travesía de Meicende e Pastoriza, p.q. 1+600 ao 5+100, de clave AC/06/016.06.M1, non requiriron ocupar os terreos que declarara de necesaria e urxente ocupación o Decreto 53/2007, do 8 de marzo, e que estas se atopan rematadas e, en consecuencia, non será necesaria no futuro a ocupación deses terreos, xustifícase deixar sen efecto o antedito decreto, dado que non cumpre ningunha función concreta.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2 do Estaturo de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo único. Deixar sen efecto o Decreto 53/2007, do 8 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra de mellora da seguridade viaria na AC-415 A Coruña-Sabón (AC-552), treito travesía de Meicende e Pastoriza, p.q. 1+600 ao 5+100, de clave AC/06/016.06.

Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas