Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre apertura dunha adega.

Bodega Roandi, S.L. solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun local destinado a adega de viños no Foio, s/n, Éntoma (pol. 4 parcela 129), deste municipio polo que, en cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da aparición deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para que poida ser examinado na Secretaría deste concello e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

O Barco de Valdeorras, 7 de setembro de 2012

Alfredo García Rodríguez
Alcalde