José Manuel García Moure solicita nesta Alcaldía licenza municipal para instalar a actividade de circuíto de supercross en Costa da Igrexa, lugar do Vilar, parroquia de Ameixenda, Ames.
Para cumprir co disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, DOG do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia así como no Diario Oficial de Galicia.
Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, poderán examinar o expediente no departamento de Urbanismo deste concello, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
Ames, 6 de setembro de 2012
Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde