Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre instalación de cafetaría e despacho de pan no Milladoiro.

Javier Noya Señarís solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar unha cafetaría e despacho de pan no enderezo rúa As Palmeiras, 27, baixo, parque empresarial do Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, DOG do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, así como no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, poderán examinar o expediente no departamento de Urbanismo deste concello, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 3 de setembro de 2012

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde