Construcciones Crespo, S.A. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a parque de maquinaria (taller almacén e oficinas) e planta de produción (aglomerado asfáltico), que se situará no Carbón, s/n, Atios, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sometese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, poidan examinar o expediente AM/15/12, na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.
O Porriño, 26 de xullo de 2012
José Nelson Santos Argibay
Alcalde