Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/14/12).

Reciclados Plásticos La Cañiza, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacenamento e selección de materiais plásticos, que se situará na estrada PO-510, km 0,300, polígono industrial Devesa do Rei, Atios, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, poidan examinar o expediente AM/14/12, na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

O Porriño, 26 de xullo de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde