Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/16/12).

Galaica de Morteros, S.A. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a fabricación de argamasa seca e ampliación de almacén e oficinas administrativas, que se sitúa no lugar do Marco, Vacaría, Budiño, desta localidade.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/16/12, na sección de urbanismo deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 2 de agosto de 2012

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde