Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/17/12).

Construcciones Metálicas Vigo, S.A. (COMEVISA) solicitou da Alcaldía licenza municipal de obra e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a taller de corte, caldeiraría e mecanizado, que se situará no Polígono Industrial SUR-PPI-5, parcelas 16, 17, 18 e 19, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/17/12, na sección de urbanismo deste Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

O Porriño, 6 de agosto de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde