Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se empraza o traballador Francisco Javier Salgueiro Prado no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 9/2012, interposto pola empresa Sigaltec, S.L.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, mediante presente resolución notifícaselle ao traballador Francisco Javier Salgueiro Prado o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 9/2012, interposto pola empresa Sigaltec, S.L.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 9/2012, interposto pola empresa Sigaltec, S.L. contra a Resolución do 10 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, e recaída no expediente sancionador na orde social número 2009/0518-4; acta de infracción número 110607/2009/4/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo que se notifica e empraza o traballador Francisco Javier Salgueiro Prado para que nun prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, se o considera conveniente, poida comparecer en autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. De comparecer fóra do indicado prazo, terase como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interromperse o curso do procedemento e se non comparecese oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que practicárselle notificación de ningunha clase.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais