Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de setembro de 2012 pola que se notifica a resolución pola que se reclama, solidariamente, ás empresas Satdata Telecom, S.L., Valedeme, S.L. e Emergency, Security and Logistic Control, S.L. o pagamento de indemnización polos servizos non prestados e a imposición de penalidades por irregularidades na execución do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/08).

O 18 de xullo de 2012 a secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se reclama solidariamente as empresas Satdata Telecom, S.L. Valedeme, S.L. e Emergency, Security and Logistic Control, S.L. o pagamento de indemnización polos servizos non prestados e a imposición de penalidades por irregularidades na execución do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/08), nas contías reflectidas na resolución, con base nos feitos e razóns expostos. Mediante carta certificada e con xustificante de recepción intentouse, por dúas veces, a notificación do acordo a Satdata Telecom, S.L. De conformidade co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede realizar a notificación de Resolución do 18 de xullo por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 61 da referida Lei 30/1992 cítase a empresa Satdata Telecom, S.L., para que compareza no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia. Para os efectos da notificación do 18 de xullo, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica, na Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra o acordo que se notifica, concédese un prazo de 10 días hábiles para formular as alegacións convenientes en defensa do seu dereito.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar