Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación da obra das instalacións de ocio anexas ao lago das Pontes.

Anuncio de licitación, mediante procedemento aberto e múltiples criterios de adxudicación, da obra de instalacións de ocio anexas ao lago das Pontes.

Prezo do contrato: 633.960,03 euros (523.933,91 euros e 440.026,12 euros de IVE).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Presentación de ofertas: presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Documentación: o prego e o proxecto pódense examinar a través do perfil do contratante do Concello no enderezo www.aspontes.com.

As Pontes de García Rodríguez, 19 de setembro de 2012

Valentín González Formoso
Alcalde