Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública (expediente 544/827/2012).

Na Sección de Licenzas de Urbanismo da Coruña estase a tramitar expediente 544/827/2012 de concesión de licenza de apertura para a seguinte:

Actividade: planta de valorización de residuos de construción e demolición (RCD).

Situación: avenida Quinta, parc. D-19, polígono Pocomaco.

Solicitante: Construcciones Alejandro Martínez e Hijos, S.L.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo