Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37504

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO do expediente de contratación 2012000348.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: auditoría financeira e verificación de existencias do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A., para os exercicios 2012 a 2014.

3. Orzamento base de licitación: 135.000 euros sen IVE.

4. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o remate dos traballos de auditoría do último exercicio que cómpre revisar.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 5 por cento do importe de adxudicación.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es.

9. Lugar de presentación das ofertas: Rexistro da Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns da CRTVG e as súas sociedades, Bando, San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos, s/n, Santiago de Compostela, na data e hora que se publicará no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012

Miguel Rodríguez Barrio
Director de Planificación e Administración Xeral da
Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades