Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37444

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: do 15 ao 19 de outubro de 2012.

4. Lugar de realización: Prodemar Muxía, Merexo, s/n. 15126 Muxía (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 15.10.2012

16.00-16.30 h

Introdución.

16.30-17.00 h

Lexislación.

17.00-18.30 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

18.30-20.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 16.10.2012

16.00-17.30 h

Métodos de loita antivectorial.

17.30-20.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 17.10.2012

16.00-17.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

17.00-18.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

18.30-20.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 18.10.2012

16.00-17.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

17.00-18.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-20.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 19.10.2012

16.00-18.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.00-20.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

20.00-21.00 h

Avaliación tipo test resposta múltiple.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 15 ao 19 de outubro de 2012.

Lugar de realización do curso: Prodemar Muxía, Merexo, s/n. 15126 Muxía (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: do 15 ao 18 de outubro, das 16.00 ás 20.00 horas e o 19 de outubro das 16.00 ás 21.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., av. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Telefono:

Fax:

Correo electrónico: