A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
3. Data: do 15 ao 26 de outubro de 2012.
4. Lugar de realización: Impex Europa, S.L., pol. ind. Trabanca Badiña, parcelas 22-24, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.
9. Programa:
Día 15.10.2012 |
|
18.00-18.30 h |
Introdución. |
18.30-19.00 h |
Lexislación. |
19.00-20.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
Día 16.10.2012 |
|
18.00-20.00 h |
Praguicidas. Descrición e xeneralidades. |
Día 17.10.2012 |
|
18.00-19:15 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
19.15-20.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 18.10.2012 |
|
18.00-20.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 19.10.2012 |
|
18.00-19.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
19.00-20.00 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
Día 22.10.2012 |
|
18.00-20.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 23.10.2012 |
|
18.00-19.00 h |
Preparacións de disolucións de produtos. |
19.00-20.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
Día 24.10.2012 |
|
18.00-20.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 25.10.2012 |
|
18.00-20.00 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 26.10.2012 |
|
18.00-19.00 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
19.00-20.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
20.00-21.00 h |
Avaliación tipo test resposta múltiple. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
FIcha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: do 15 ao 26 de outubro de 2012.
Lugar de realización do curso: Impex Europa, S.L., pol. ind. Trabanca Badiña, parcelas 22-24, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: do 15 ao 25 de outubro, das 18.00 ás 20.00 horas e o 26 de outubro das 18.00 ás 21.00 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., av. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Nome: |
Apelidos: |
||||
Cargo/actividade desempeñada: |
|||||
Empresa: |
Sector actividade: |
||||
Enderezo: |
CP: |
||||
Localidade: |
Provincia: |
||||
Teléfono: |
Fax: |
Correo electrónico: |