Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37442

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Descrición

Data sinatura

Importe total

Convenio marco de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión (SIX) de residuos de pilas e acumuladores

1.8.2012

0

Convenio-Addenda I ao acordo marco de coordinación entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para promover e potenciar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética no Parque Nacional das Illas Atlánticas

27.7.2012

10.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a empresa Telvent Tráfico y Transporte, S.A., mediante o que se instrumentaliza a compensación á devandita empresa pola adaptación informática das canceladoras comercializadas por ela no marco do Plan de transporte metropolitano de Galicia na ATM de Lugo

13.6.2012

17.971,04

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a empresa Olton, S.L., mediante o que se instrumentaliza a compensación á devandita empresa pola adaptación informática das canceladoras comercializadas por ela no marco do Plan de transporte metropolitano de Galicia na ATM de Lugo

13.6.2012

13.500,00

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, e Sigre Medicamento e Medio Ambiente, S.L., para o seguimento do sistema integrado de xestión de envases e residuos de envases de medicamentos e medicamentos usados en Galicia

8.6.2012

0

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello da Coruña para o financiamento da redacción da revisión do Plan xeral de ordenación urbana do concello da Coruña

8.6.2012

750.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e a empresa Autobuses Urbanos de Lugo, S.A., como concesionaria do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e obrigas asociadas a elas na área de transporte metropolitano de Lugo

23.5.2012

0

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Ribadeo, para a execución da primeira fase do Plan director de Rinlo en Ribadeo (urbanización e mellora do parque de Santa Catalina)

21.5.2012

140.420,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para o fomento do transporte limpo no contorno urbano no ámbito da área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela, financiado con fondos Feder no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013

4.5.2012

0

Addenda número 1 ao convenio entre a extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ourense para financiamento da redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ourense

30.4.2012

1.044.000,00