Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37366

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría.

Convocada por Resolución do 2 de abril de 2012 (DOG nº 79, do 25 de abril) a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, do posto de coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, convocado pola Resolución do 2 de abril de 2012.

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde.

Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición, destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibindo os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 3 de setembro de 2012

Francisco Soriano Paredes
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Nome e apelidos: Mª Modesta Riobó Dios.

DNI: 76804582-S.