Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete á información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores 20 baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: LMTS de derivación á depuradora de Santa Comba.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×95 mm2 Al, cunha lonxitude de 853 m, con inicio no paso aéreo-subterráneo que se vai instalar no apoio proxectado nº 7 tipo C-18/2000 (coordenadas UTM X: 514.003,7; Y: 4.764.339,2), na LMT Santa Catalina ao CTI O Couto (expediente 27.949) e final no centro de transformación da estación depuradora de augas residuais de Santa Comba (coordenadas UTM X: 531.278,6; Y: 4.764.660,3), obxecto de proxecto independente.

Liña de media tensión aérea a 20 kV, cun van destensado de lonxitude 26,47 m, en condutor PAS-50, con orixe no apoio proxectado nº 7 da LMT Santa Catalina ao CTI O Couto (expediente 27.949) e final no CT Guisande, situado sobre o pórtico existente (expediente IN407A 2010/193).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de agosto de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña