Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/110).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: reguladores de tensión, centro de interconexión de Ser.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: centro de regulación en centro de interconexión de Ser, existente con nº de expediente 377/2002, e contará con tres unidades de regulador de tensión VR-32 de Cooper Power Systems, con tensión nominal de 20 kV. Cunha carga de regulador de 200A/440 kVA. A súa disposición será en triángulo cerrado en rede trifásica e cunha regulación automática de tensión de ±15 % en 32 etapas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña