Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2012/228-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT rúa Xosé Malvar Figueroa, 333.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 190 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS MUR819, entre os CCTT 36CF59 e 36CF83, unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 400 KVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na praza pública na rúa Xosé Malvar Figueroa, 333, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra