Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública o proxecto de abandono definitivo de labores e o plan de restauración dunha parte da canteira Vilafría III, número 1544.6, sita no concello do Porriño (Pontevedra), promovido pola entidade Graniblok, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de abandono definitivo de labores e o plan da restauración dunha parte da canteira Vilafría III, nº 1544.6, sita no termo municipal do Porriño (Pontevedra), promovido pola entidade Graniblok, S.A.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas