Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica un emprazamento a Fincas Mariñamansa, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a interesada, notifícaselle a Fincas Mariñamansa, S.A. o emprazamento no procedemento ordinario 4523/2011, da Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se suspendeu parcialmente a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1986 do Concello de Ourense.

A interesada poderá coñecer o contido íntegro do emprazamento:

Prazo: durante os 10 días seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, edificios administrativos de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas

ANEXO

Interesada: Fincas Mariñamansa, S.A.

Último enderezo coñecido: rúa Fernando Macías, 22-3º B, 15004 A Coruña.