Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 31 de agosto de 2012, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00435-O-2012 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 31 de agosto de 2012

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada, p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00435-O-2012

Garda Civil 3201 A47914C

Intelesoft, S.A.

A78988169

Gran Vía Carlos III 55 - 1º-3ª

08028 Barcelona

Exceso de peso sobre a m.m.a superior ao 2,5 % ata o 6 %, en vehículos de máis de 20 tm. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

1.2.2012; 17.44; A52; 0218,000

Art. 142.2 LOTT, Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

301 euros

OU-00471-O-2012

5031-FKJ

Garda Civil 3202 S11089P

Mª Carmen I. Ballarin Blasco

17862325L

Antonio María Claret, 18 - 2º B

50005 Zaragoza

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20 % (sobre 9 horas). Máis de 9.00 a 9.30 horas.

13.3.2012; 20.19; N-120; 461

Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

301 euros