Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37298

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de información pública sobre a licitación do servizo de axuda no fogar.

Por Decreto da Alcaldía nº 393/2012 do 13.7.2012 aprobouse o expediente de licitación, do mencionado cuxa licitación se publica consonte o prego e o Real decreto 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Rianxo.

2. Obxecto do contrato.

Servizo de axuda no fogar (SAF) do Sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, no concello de Rianxo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, único criterio de valoración (poxa).

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 358.052,77 €.

b) IVE: 14.322,11 €.

c) Prezo total: 372.374,88 €.

5. Prazo de execución.

a) Desde a sinatura do contrato: 24 meses (prórroga 12 meses).

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Complementaria: non se exixe.

c) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE, calculado en función dos prezos unitarios e da previsión máxima de horas de prestación do servizo en días normais en domingos ou festivo estatal, autonómico ou local.

7. Revisión de prezos.

a) Si (sen fórmula).

b) Sistema de revisión: 85 % da suba do IPC nos termos da cláusula sétima.

8. Mesa de contratación.

a) Si; figura publicada no anexo V dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

9. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rianxo.

b) Domicilio: praza Castelao, 1, 15920 Rianxo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 86 00 75.

d) Fax: 981 86 67 15.

e) Enderezo electrónico: www.rianxo.com; publicación no perfil de contratante do Concello de Rianxo da seguinte documentación: pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán a licitación.

10. Presentación de ofertas.

a) Prazo para presentar proposicións: quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerán a licitación.

c) Lugar de rresentación: Concello de Rianxo. Praza Castelao, nº 1, 15920 Rianxo (A Coruña).

11. Apertura de ofertas.

a) Lugar: concello de Rianxo.

b) A data e a hora: anunciarase no perfil de contratante.

12. Páxina web coa información da licitación: www. rianxo.com (Perfil de contratante).

Rianxo, 13 de setembro de 2012

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde