1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.
3) Localidade e código postal: Vigo 36310.
4) Teléfono: 986 81 37 67.
5) Telefax: 986 81 38 57.
6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es
7) Enderezo da internet do perfil de contratante:
http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp
8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 24/12.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición: equipamento autónomo para apoio en mostras científicas-3 lotes.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 3. Lote 1: embarcación autónoma. Lote 2: perfilador de CTD. Lote 3: equipamento para embarcación autónoma.
d) Lugar de execución/entrega:
1) Enderezo: Estación de Ciencias Marinas na Illa de Toralla en Vigo.
2) Localidade e código postal: Vigo 36310.
e) Prazo de entrega: 90 días (todos os lotes).
f) Admisión de prórroga: non procede.
g) CPV: 34100000-8 C CPA: 29.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación:
1) Prezo da oferta: 55 puntos.
2) Calidade técnica: 40 puntos.
3) Extensión da garantía: 5 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.
4. Valor estimado do contrato. Lote 1: 98.000 €. Lote 2: 28.773 €. Lote 3: 23.500 €.
5. Orzamento base de licitación. Lote 1: a) Importe: 98.000 € + 20.580 € de IVE
que soportará. Lote 2: 28.773 € + 6.042,33 € de IVE que soportará. Lote 3: a) Importe: 28.773 € + 4.935 € de IVE que soportará.
6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % importe de adxudicación sen IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.
b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.
2. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.
3. Localidade e código postal: Vigo 36310.
4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.
b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende-2ª planta.
c) Localidade e código postal: Vigo 36310.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.
10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.000 €.
11. Outras informacións: Feder 2010. UNVI10-1E-1456. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 70 %, no marco do programa operativo: programas operativos rexionais do obxectivo de competitividade Rexional e Emprego de programación. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.12.2012.
Vigo, 18 de setembro de 2012
P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo