Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37301

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Coelectro, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución de cooperativa.

A asemblea xeral extraordinaria de carácter universal da sociedade cooperativa Coelectro, S. Coop. Galega, na súa reunión do 31 de agosto de 2012, acordou por unanimidade a disolución da sociedade. O que se fai público para os efectos do artigo 87 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro.

Ferrol, 31 de agosto de 2012

José Luis Ramos Saavedra
Presidente do Consello Reitor e liquidador único de Coelectro, S. Coop. Galega