Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0103-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2012/0103-4.

Acta: I362012000019095.

Empresa: Electronaval Instalaciones Eléctricas XXI, S.L.

NIF: B-36897288.

Enderezo: Conde Torrecedeira, 12, baixo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.a), 4.2.f) e 29 do Estatuto dos traballadores, e artigo 51 do convenio do sector.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 7.10, 8.1, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 25.6.2012.

Resolución: multa de 15.126 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 31 de agosto de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa