Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Talleres Fraga, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Talleres Fraga, Sociedade Cooperativa Galega, por modificación do artigo 47 referente ao capital social mínimo, no Rexistro Provincial de Cooperativas.

Lugo, 17 de agosto de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo