Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Quintela de Canedo, no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/43-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Quintela de Canedo.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 54 metros, con condutor tipo RHZ1 e con orixe na LMT VLL812 ao CT Tarascón 32CB22 e remate na LMT VLL812 ao CT Vilanova de Quintela 32C723, con entrada e saída no CT proxectado Quintela de Canedo de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea a 20 kV de 890 metros en aéreo e con condutor RZ e 738 metros en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT Quintela de Canedo.

RBT aérea a 20 kV de 140 metros con condutor RZ derivado do CT Vilanova de Quintela.

Orzamento: 105.215,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de agosto de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense