Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica modificado LAT 132 kV DC conexión da subestación Ludrio coa LAT Meira-O Ceao, no concello de Castro de Rei (expediente 002/2011 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: modificado LAT 132 kV. DC conexión da subestación Ludrio coa LAT Meira-O Ceao.

Solicitante: E.ON Distribución, S.L.

Domicilio social: r/ Medio 12, 39003 Santander.

Finalidade: conectar a subestación Ludrio coa LAT 132 kV Meira-O Ceao.

Características técnicas principais:

1. Liña eléctrica aérea de 132 kV de tensión nominal, cunha lonxitude de 828 m, con orixe no pórtico que se construirá na futura subestación Ludrio e remate no apoio nº 6 proxectado no van 52-53 da LAT kV Meira-O Ceao existente, en condutor LA-280 e cables de terra e comunicación, en dobre circuíto e configuración triplex, sobre apoios metálicos (6).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte dias hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Parcela Nº

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Tipo

cultivo

Afección

Apoio

Voo

Pol. Nº

Parc. Nº

Nome e apelidos

Enderezo

Superficie ocupada m2

Lonxitude m

Superficie afectada m2

1

12

119

Rodela

M.V.M.C. Rodela de Ludrio (Presidente: Bernardino López Veiga)

A Aldea de Baixo, s/n

27271 Castro de Rei-Lugo

PR

1, 2

95

195

3.998

2

12

119

Rodela

M.V.M.C. Rodela de Ludrio

(Presidente: Bernardino López Veiga)

A Aldea de Baixo, s/n

27271 Castro de Rei-Lugo

MA

-

-

-

33

4

14

156

Rodela

M.V.M.C. Rodela de Ludrio

(Presidente: Bernardino López Veiga)

A Aldea de Baixo, s/n

27271 Castro de Rei-Lugo

MA

-

-

45

1.353

5

14

156

Rodela

M.V.M.C. Rodela de Ludrio

(Presidente: Bernardino López Veiga)

A Aldea de Baixo, s/n

27271 Castro de Rei-Lugo

MA

3, 4

67

259

7.673

7

14

152

Carballosa

José Legaspi Santiso

A Aldea de Baixo, 1

27271 Castro de Rei-Lugo

MA

-

-

-

113

9

14

201

Carballosa

José Veiga Abelleira

Fontiñas, 93 - 3º esq.

27002 Lugo

MA

-

-

28

743

11

13

71

Carballo

Rafael Santiso Fariñas

Avda. Carlos Azcárraga, 59, 1º

27003 Lugo.

MA

6

77

97

2.635

13

71

Carballo

José Manuel Vázquez Legaspi
José Luis Vázquez Abelleira

A Aldea de Baixo, s/n

27271 Castro de Rei-Lugo

MA

-

-

-

278