Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación de varias obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expedientes: 34/2012 e 36/2012.

2. Obxecto dos contratos.

2.1. Descrición: construción dun punto limpo no concello de Nigrán (Pontevedra), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

a) Tipo: obra.

b) Prazo de execución/entrega: cinco (5) meses.

c) Admisión de prórroga: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

2.1.1. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea K do seu cadro de características.

d) Valor estimado do contrato: 261.743,65 €.

2.1.2. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 261.743,65 €. Importe total: 316.709,82 €. O devandito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.

2.1.3. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 13.087,18 €.

2.1.4. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.2. do prego de cláusulas administrativas particulares e nas alíneas F e G do seu cadro de características.

2.1.5. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18022

2.2. Descrición: construción dun punto limpo no concello de Trabada (Lugo), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

a) Tipo: obra.

b) Prazo de execución/entrega: cinco (5) meses.

c) Admisión de prórroga: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

2.2.1. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea K do seu cadro de características.

d) Valor estimado do contrato: 229.995,95 €.

2.2.2. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 229.995,95 €. Importe total: 278.295,10 €. O devandito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 44.

2.2.3. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 11.499,80 €.

2.2.4. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas alíneas F e G do seu cadro de características.

2.2.5. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18023

3. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

4. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B e C.

5. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

6. Outras informacións.

a) No suposto de que se participe en máis dun procedemento destas dúas obras, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais en que se presenten proposicións, e deberase facer constar expresamente como contido do sobre A, a clasificación ou solvencia e a referencia do procedemento en que se presenta a documentación xeral.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas