Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37220

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión intersubxectiva entre a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela para o asesoramento científico-técnico na adaptación, intervención e seguimento audiolóxico-protésico de calidade para o Programa galego de detección da xordeira en período neonatal

135.000,00 € (plurianual)

11.4.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Residencia Xerontolóxica Os Magnolios, S.L.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Os Magnolios

Sen achega económica

12.4.2012

Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e PSA Peugeot Citroen (Vigo)

Sen achega económica

4.5.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente, e colaborará na formación continua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados á Consellería de Traballo e Benestar

35.346,00 €

7.5.2012

Convenio de cooperación entre o Departamento de Saúde Consumo do Goberno de Aragón e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a cesión da aplicación SAGA

Sen achega económica

10.5.2012

Acordo marco de colaboración subscrito pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade para o desenvolvemento de actuacións conxuntas de promoción e protección da saúde na escola

Sen achega económica

14.5.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo «PAIME»

44.550,00

29.5.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

15.000,00 €

31.5.2012

Convenio de colaboración entre Sanofi Aventis, S.A. e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento e a explotación do estudo de nutrición e risco cardiovascular

Sen achega económica

1.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no Centro Residencia Nosa Señora do Carme

Sen achega económica

4.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no Centro Residencia Covelo

Sen achega económica

4.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo, para a organización da prestación farmacéutica no Centro Residencia Nuestra Señora del Rosario

Sen achega económica

4.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Serge Lucense, S.A., para a organización da prestación farmacéutica na Residencia A Veiga, Complexo Terapéutico Xerontolóxico

Sen achega económica

5.6.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago (USC), para a realización do Máster en Mediación e Asesoría Técnica para a posta en marcha da rede de mediación sanitaria

7.728,00 €

12.6.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, co obxecto de prestar asistencia sanitaria a 322 nenos e 10 monitores que se acollen ao Programa Vacacións en Paz 2012, e que acoden a Galicia por un período de vacacións de verán do 1 e 2 de xullo ao 1 e 2 de setembro

Sen achega económica

13.6.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ledicia Cativa para a prestación de asistencia sanitaria a 77 nenos afectados pola radiación de Chernobyl que acoden a Galicia por un período de vacacións de verán entre o 26 de xuño e o 27 de agosto de 2012

Sen achega económica

18.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica no centro residencial Geriatros Vimianzo

Sen achega económica

18.6.2012

Convenio de colaboración entre a Fundación Dialnet da Universidade de la Rioja e a Consellería de Sanidade

Sen achega económica

19.6.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña (UDC) para a realización do Programa de Posgrao de Especialización en Coidados Paliativos

152.038,00 €

19.6.2012

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2012 (asinado o 10 de xaneiro de 2012)

Sen achega económica

20.6.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Músculo Esqueléticos

Sen achega económica

22.6.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Navarra e a Fundación Empresa-Universidade de Navarra para a realización de prácticas académicas externas de estudantes universitarios

Sen achega económica

22.6.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes do mestrado universitario de Arquitectura Sanitaria e Asistencial da Escola Técnica Superior de Arquitectura para o curso académico 2011-2012.

Sen achega económica

29.6.2012

Convenio para cesión de uso de locais no inmoble do complexo Monte da Condesa da Universidade de Santiago de Compostela para a instalación da Fundación Centro de Transfusión de Galicia

Sen achega económica

29.6.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Verea sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Verea

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Coles sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Coles

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Larouco sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Larouco

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Viana do Bolo sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Viana do Bolo

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cartelle sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Cartelle

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Alfoz sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Alfoz

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Marín sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde do Seixo

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Moeche sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Moeche

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Toques sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Toques

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Irixoa sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Irixoa

Sen achega económica

3.7.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á unidade docente de enfermaría obstétrico-xinecolóxica

144.286,00 €

5.7.2012

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Complexo Hospitalario de Ourense) e a Fundación San Rosendo

Sen achega económica

16.7.2012

1ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña para a constitución do Instituto de Investigación Sanitaria da Coruña.

Sen achega económica

17.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia-Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias para o desenvolvemento de programas de formación e investigación no ámbito dos trastornos adictivos

31.000,00 €

26.7.2012