Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37217

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de setembro de 2012 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2012.

Por Orde do 27 de marzo de 2012 (DOG do 10 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2012.

Reunida a comisión prevista no punto oitavo da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto décimo da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I a esta orde.

Segundo. Desestimar as solicitudes presentadas polas asociacións de pais de alumnos de centros que se relacionan no anexo II a esta orde, polas causas que se indican.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2012, a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos, e a acreditación do seu pagamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para a mesma finalidade, procedente das distintas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

CIF

Confederación/federación/APA CEE

Concello

Importe (€)

G15115165

CONFAPA (Confederación Galega APAS centros públicos)

A Coruña

4.860,75

G15098114

CONGAPA (Confederación Galega de APAS)

A Coruña

4.093,25

G15042617

Federación Provincial APAS centros públicos

A Coruña

2.822,00

G15089857

FAPA (Federación Provincial APAS de centros privados (A Coruña)

A Coruña

561,00

G27019140

FAPACEL (Federación provincial de APAS de centros públicos de Lugo)

Lugo

1.142,00

G27043389

FAPALUGO (Federación APAS provincia Lugo)

Lugo

512,00

G32009037

Federación provincial APAS centros públic. As Burgas

Ourense

1.198,00

G36020311

FANPA (Federación provincial ANPA centros públicos)

Pontevedra

1.513,00

G15062839

FECAPA (Federación Central de APAS)

Santiago de Compostela

513,00

G36581841

FESANPAS Federación Estradense ANPAS

A Estrada

331,00

G36743946

Federación OLÍVICA FOANPAS de Vigo

Vigo

737,00

G36959658

Federación ANPAS SURGAPA

Vigo

548,00

V15869431

APACE ASPANAES Castro Elviña

A Coruña

300,00

G15984990

APA CEE Ntra. Sra. del Rosario

A Coruña

300,00

G70313804

ANPA CEE María Mariño

A Coruña

300,00

G15412026

APA CEE Terra de Ferrol

Ferrol

300,00

G15747678

ANPA CEE Amicos

Ribeira

300,00

G15456908

ANPA CEE A Barcia

Santiago de Compostela

300,00

G27220839

APA CEE Infanta Elena

Monforte de Lemos

300,00

G32411084

ANPA CEE Ilustre Mestre

Ourense

300,00

G32202798

APA CEE O Pino

Ourense

300,00

G36130169

APA Joaquina Otero CEE S. Xerónimo Emiliani

A Guarda

300,00

G36164515

APA CEE Juan XXIII

Marín

300,00

G36753895

APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María

Nigrán

300,00

G27756568

ANPA Henri Walon CEE Panxón

Nigrán

300,00

G36630614

APA CEE Menela

Nigrán

300,00

G36180768

APA CEE Juan XXIII

Pontevedra

300,00

G36152262

APA CEE Santísimo Cristo del Amor ACEESCA

O Porriño

300,00

G36812063

APA CEE Saladino Cortizo

Vigo

300,00

G36131027

APA CEE Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

300,00

G36024941

APA CEE Os Mecos de Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa

300,00

ANEXO II

CIF

Confederación/federación/APA CEE

Concello

Causas da desestimación

G70297387

ANPA EEI Barrionovo

Arteixo

Non está rexistrada como ANPA dun CEE

G32022774

APA CEE Miño

Ourense

Solicitude presentada fóra de prazo