Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37224

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Portos de Galicia

Portos de Galicia, Concello de Cambados, Deputación de Pontevedra, a C. de Economía e Industria e a Asociación de Praceiros de Cambados

Ordenación da interface porto-cidade do porto de Cambados e da trama urbana do Concello de Cambados, co obxecto de facilitar a iteración porto-cidade e facilitar a realización do proxecto «Reordenación da zona portuaria de lonxa e mercados do porto de Cambados-Tragove»

1.6.2012

Non ten

Portos de Galicia, a EPOSH e o Concello de Mugardos

Execución e mantemento de actuacións de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol, na súa afectación na zona de servizo dos peiraos de Mugardos e O Seixo

4.6.2012

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ortigueira

Addenda ao convenio de colaboración entre Portos de Galicia e o Concello de Ortigueira para a execución da obra de «Acondicionamento da vía portuaria e o seu contorno no porto de Ortigueira»

13.6.2012

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Addenda ao convenio de colaboración entre Portos de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución e mantemento dunha estación de bombeo e liña independente de saneamento no dominio público portuario de Corrubedo

13.6.2012

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Bueu

Addenda ao convenio de colaboración entre Portos de Galicia e o Concello de Bueu para a execución e mantemento de varias canalizacións de entroncamento coas redes existentes de augas fecais e pluviais no porto de Bueu

21.6.2012

Non ten

Portos de Galicia, a EPOSH e o Concello de Noia

Execución da obra «Redes de colectores xerais de Noia 1ª fase» en Noia-A Coruña

2.7.2012

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Cedeira

Mellora, conservación e mantemento das zonas axardinadas do porto de Cedeira

4.7.2012

Non ten